domingo, 23 de septiembre de 2012

Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (gal)


Tes unha cámara dixital réflex ou compacta?  Sácalle o máximo partido!  Descubre trucos básicos para fotografar a natureza con diferentes técnicas. Aprende o fluxo de traballo dixital e revela as túas imaxes RAW con Adobe Lightroom. Queres participar no noso concurso e gañar noites de hotel?



Queres sacar fotos desde o mellor banco do mundo? e sacar fotos como estas co profe Xacobo de Toro?


 



A quen se destina este obradoiro?                                                   


  • Amantes da natureza que queren rexistrar o seu día a día no campo 
  • Iniciados no mundo da fotografía dixital 
  • Afeccionados con algo de experiencia que queren descubrir a foto de natureza 
  • Interesados nos procedementos básicos de revelado dixital e catalogación de fotos 
  • Nenos ou adultos, non importa a idade. (Os menores deben vir acompañados dun adulto) 
  •  Xente con gañas de aprender algo novo

Cando?                                                                                            

Curso de tres días: 26, 27 e 28 de Outubro

Onde se desenvolve o curso?                                                          

  • As saídas fotográficas faranse no entorno privilexiado do Hotel Rural Castaño Dormilón, no LIC da Ría de Ortigueira-Ladrido 
  • As sesións teóricas desenvólvense no hotel 

Que vas a practicar e aprender?                                                      

  • Coñecer a túa cámara dixital
  • Suxeitar correctamente a cámara e usar o trípode 
  • Aprender os pilares básicos da fotografía. O encadre
  • Configurar e elixir os axustes do dial . Modos automáticos: nocturno, macro, deportes...
  • Traballar efectivamente nos modos de prioridade de apertura, prioridade de obturador e manual
  • Escoller o diafragma, tempo de exposición, sensibilidade, compensar a exposición ...en función da luz existente e da escena. 
  • Medir a luz correctamente e os tipos de medición
  • Interpretar e seleccionar a profundidade de campo
  • Usar o modo de enfoque manual e automático en función do momento. 
  • Ler e comprender o histograma das fotos na cámara e no ordenador
  • Elixir con criterio a lonxitude focal axeitada para obter a foto desexada
  • Descubrir filtros analóxicos(degradadado, ND e polarizador) e dixitais con Adobe Lightroom 4
  • Compoñer a imaxe en base a regras básicas e tomar en consideración os fondos
  • Usar eficientemente o flash e os seus modos de sincronización
  • Coñecer algunhas técnicas avanzadas: macrofotografía, digiscoping e foto con microscopio
  • Manexar o fluxo de traballo axeitado para traballar con Adobe Lightroom 4
  • Seleccionar as túas fotos de xeito crítico, aprendendo dos  erros cometidos durante a toma e os dos compañeiros, para que non volvan a suceder
  • Organizar e xestionar as túas imaxes en Adobe Lightroom con palabras clave para manexar o teu arquivo de xeito eficiente
  • Avaliar pros e contras do formato RAW, TIFF e JPG
  • Procesar e revelar os teus RAW 
  • Coñecer os libros básicos que fundamentan a fotografía de natureza e as principais páxinas web onde colgar as nosas fotos de natureza.
  • Principais concurso nacionais e internacionais de fotografa de natureza

Como se desenvolve o curso?                                                          

  • Combinando sesións teóricas con obradoiros prácticos
  • O venres pola tarde avaliarase fundamentos de fotografía xeral 
  • O sábado e domingo á mañá realízanse saídas fotográficas para practicar os conceptos explicados na sesións teóricas
  • En función das condicións meteorolóxicas poderanse cambiar a orde dalgunha das sesións

Canto?                                                                                              


Prezos para todos os petos, consúltanos!

O profesor                                                                                       

Xacobo de Toro é profesor no ensino público de bioloxía e xeoloxía e practica a fotografía de natureza dende hai máis de 15 anos. Leva anos impartindo cursiños de formación e recibiu premios de fotografía a nivel nacional e internacional.
Portfolio en Whytake

  

PROGRAMA                                                                                 

Venres

19:00-22:00

Teoría: (parada para café no descanso)
Filosofía do fotógrafo de natureza
Compoñentes da cámara dixital
Tipos de cámaras e conceptos básicos
Presests da cámara: modo de disparo, programas, modo de medición, modo de flash, atofocus/manual, estabilizador, sensibilidade, balance de brancos, formato de imaxe
Principais lentes empregadas na foto de natureza :
o Angulares
o Macros
o Teleobxectivos
Técnicas novidosas: 
o Digiscoping. Fotografando o afastado a través de telescopio
o Fotografía de aproximación e macrofotografía
o Fotografía a través de microscopio ou lentes de ampliación. Fotografando o minúsculo

Sábado


09:00 - 14:00 Saída fotográfica na contorna do curso
16:00 - 20:00 Sesión teórico-práctica de ordenador (parada para café no descanso)
Axustes básicos de Lightroom 4 e principais comandos
Descarga das imaxes no ordenador
Identificación e selección das mellores imaxes
Catalogación con palabras clave e categorías
Exposición e visionado das mellores imaxes dos presentes para ser analizadas
23:00. Sesión fotográfica nocturna de longa exposición se o tempo o permite


Domingo


10:00 - 14:00 Saída fotográfica.
16:00 - 19:00 Sesión teórico-práctica de computador: (parada para café no descanso)
·         Proceso e fluxo de traballo co ordenador
·         Revelado de fotografías RAW e JPG.
·         Formatos de saída das imaxes para impresión e web. Creación de marcas de auga
  •  Exposición e visionado das mellores imaxes dos asistentes para ser analizadas e avaliadas por todos

O curso inclúe:                                                                        


- 2 noites de aloxamento en hab. dobre ou  suite.
- 2 almorzos  (zume de laranxa, unha variedade de doces e salados  iogures, cafés .. etc)
- Saída guiado e interpretado 
- 3 coffee-break
- 2  ceas no hotel.

Prezos:                                                                                    

-Prezo por persoa en hab dobre  co taller: 195
-acompañante (sen taller): 110

-Prezo por persoa en suite co taller: 250 € *
-acompañante (sen taller): 145

Uso de suplementos: se estás nunha dobre ti solo: 50 € *
o taller (só asistencia) sen aloxamento : 110 € *

Faremos un CONCURSO!
Entre os participantes do taller farase  un concurso no que o gañador será premiado con : unha noite na suite do CASTAÑO DORMILÓN(con almorzo) e  a publicación da foto gañadora nas redes sociais do hotel.

FAQ:                                                                                                                        

A miña cámara ten que ser réflex?

Non é preciso, pode ser unha compacta, unha cámara formato bridge ou unha micro cuatro tercios.

A cámara que teño ten que disparar en formato raw?

Non é imprescindible que a cámara dispoña de formato RAW, sendo suficiente o formato JPG para realizar o curso.

E obrigatorio levar trípode e flash?

Non é imprescindible dispor de trípode para asistir ao curso, pero si moi aconsellable ter ambas cousas.

Teño que levar o meu propio coche?

Non dispor de coche non é problema para realizar o curso. Seguro que nos podemos organizar entre os coches dos asistentes e a organización para facerche un recuncho e que todos poidamos desfrutar das saídas fotográficas.

E imprescindible que leve o meu portátil?

É aconsellable levar un portátil que soporte o fluxo de traballo de Lightroom 4 para as sesións teórico-prácticas. Se non o tes, podes compartilo cun compañeiro ou tomar notas e logo practicar na casa.  O lightroom 4 é  un software completo e potente de edición dixital que debes xa traer instalado no teu portátil. Para aqueles que non saiban como descargalo ou instalalo, subministraráselles a versión de proba do Lightroom 4, válida durante quince días.

Podo levar o meu portátil e manexar outro programa de revelado diferente como Rawtherapy, Aperture, Adobe camera raw ou unha versión de Lightroom anterior?

Por suposto que si. A maioría dos programas de revelado son bastante semellantes, aínda que o ideal sería que todos traballásemos coa mesma versión de Lightroom 4.

Teño que asistir ao curso enteiro?, e se un día non podo ir?

Non te preocupes. Facilitaráseche o material e apuntes igualmente previamente se é preciso para que poidas ler na casas e logo asistir as horas que poidas.

Onde faremos as fotos?

En localizacións escollidas no entorno de Ortigueira e Espasante

Que roupa debo levar?

A mesma que levarías para facer sendeirismo: cómoda e confortable e dependendo das condicións meteorolóxicas: chuvasqueiro, polar, botas cómodas e resistentes á auga,  paraugas (moi recomendable para protexer ben o equipo)...etc


Son menor de idade, podo asistir ao curso?

Non hai ningún problema, pero debes vir acompañado dun adulto, pai ou titor que estea ao teu cargo durante as saídas



No hay comentarios: